Alá polo nadal de cada ano, na cervexaría " O Moucho" de Ourense, un grupo de músicos ourensáns, fundamentalmente de "A Regadeira" e "Lamatumbá", montan unha tremenda "Jam session" no que calquera pode xuntarse á troula.
Neste caso, Samuel -Samuelito-, Abraham -neno-, e Ico, todos eles ex-compoñentes de "Lamatumbá" e músicos de gran oficio, integran o outro grupo con raigame ourensán "A regadeira".
Online Videos by Veoh.com
Este traballo, realizouse dun xeito improvisado, cando Manel P. Barbeito (realizador) voltaba de facer un traballo coa súa cámara, e ao ver o despiporre e festa montada, animado quizais, con algún doce efluvio de cereais con algo de lúpulo, filmou o video clip dunha, das moitas cancións que gostamos aquel día.
Enlace do videoclip (Por si falla o visualizador)
3/23/2007
A Regadeira
Etiquetas:
abraham,
barbeito,
ex-lamatumbá,
festivaldecans,
ico,
ourense,
regadeira,
samuel,
videoclip
2/12/2007
1/02/2007
Prepárate!
O traballo de edición desta peza realizouse por Manoel P. Barbeito. O interpreta Aitor Rei, e escribiu a historia e a dirixiu Miguel O´Neal (Patacaman) *. A súa montaxe difire moi pouca da mostrada, troca en cambio o título (Amores de plástico) e o planeamento da montaxe, máis o seu resultado auguramos óptimo nos festivais nos que a mostre.
Miguel O´Neal (Patacaman) estudou e traballou en Londres deseño gráfico e en Ourense.
Miguel O´Neal (Patacaman) estudou e traballou en Londres deseño gráfico e en Ourense.
12/29/2006
A viaxe do xurelo
Non pode ser menos, que a primeira nova deste blog, sirva para o anuncio no que imos a traballar no vindeiro ano.
Será un documental sobre a viaxe do xurelo.
Que viaxe?
-A que empredenron un pequeno grupo de cidadáns da Galiza, para tentar de evitar os verquidos radioactivos na fosa atlántica, sita alomenos a 700 km. da costa de finisterre. A historia pode semellar a outra catástrofe pola distancia, máis estamos a falar da mecha que incandesceu na comunidade internacional, ao estabelecer unha moratoria que paralizaba os verquidos radioactivos no océano.
Mentras, quedade en paz, que ata que o proxecto vexa a luz, facemos outras cousiñas que vos mostraremos.Saude.

Subscrever:
Mensagens (Atom)